O IES AS BARXAS conta cun proxecto Erasmus+ chamado SAFTAS (Students Academy of Film and Theatre Awards)
sobre cine e teatro e no que participan 6 paises europeos. O proxecto de tres cursos de duranción
atópase no seu segundo ano. Ata o momento, ademais de diferentes talleres de
formación, gravación de vídeos, preparación de obras de teatro, asistencia a
festivais de cine,etc. tamén temos viaxado a Italia, Francia e Grecia. Durante
o presente curso, no mes de novembro, acollemos a 40 alumnos e profesores
europeos onde tamén se traballou sobre os temas mencionados e se celebrou o
Festival de Outono onde os distintos países presentaron os traballos
realizados. No mes de xaneiro asistimos ó festival PREMIERS PLANS de Angers,
unha experiencia fantástica onde os alumnos asistiron como xurado, viron cine,
entrevistaron a profesionais e escribiron crítica cinematográfica. Todo en
inglés e traballando de maneira coordinada con alumnos europeos. Poden atopar unha mostra no seguinte link,
así como na web do centro.
O
próximo curso temos previsto voltar a asistir ó Festival de Cine de Angers,Francia.
No mes de abril durante unha semana un grupo de alumnos e profesores
participarán no Festival Final do proxecto en La Fleche ( Francia).
Durante
este trimestre temos previsto:
(Días
8,10.12,15,22 de maio)
-Visita
á ESAD
-Asistencia
ó festival de Cans/Olloboi.
- Edición
de varios vídeos.
-
Comezar a escribir os guións de obra de teatro e curtametraxe para festival
final 2018.
-
Outras actividades pendentes de confirmación.
Os
traballos son feitos en horario extraescolar, normalmente luns mediodía ou
algunha tarde.
Se estás interesado/a en formar parte do mesmo
é necesario cubrir os datos a continuación.
Moaña,
18 abril de 2017
Palmira
Calvar
Profesora
de Inglés e coordinadora do proxecto.
________________________________________________________________________________
Alumno/a
_______________________________________ matriculado/a en ______ grupo______
con
e-mail:__________________________________e teléfono de contacto
__________________
A súa nai / pai ,
_____________________________________ con DNI ____________________
Moaña,
__________ de _________________ de 2016
Sinatura da
nai/pai
_____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario