
Os alumnos da sección bilingüe de
inglés de 3º ESO do IES AS BARXAS DE MOAÑA asisten, en piragua, a súa última
clase de inglés deste curso.
Acompañados da
súa profesora, Palmira Calvar, os alumnos desprazáronse ata o CLUB NÁUTICO
COBRES, en Santa Cristina onde asistiron
á explicación dos distintos tipos de Kayaks e unhas nocións básicas na técnica de paleo. Tiñan por diante unha longa
travesía porque dende o Peirao de Santa Cristina de Cobres se dirixiron ata
Rande para visitar a Aula de interpretación - museo Meirande. Alí unha guía
fíxolles un repaso da historia da zona: as
razóns e resultado da Batalla de Rande de 1702, as distintas expedicióins na
procura dos pecios e tesouros que
viñeran das Indias, a presenza de Julio
Verne na Ría, etc.
Resultou moi
interesante achegarse á vida dos mariñeiros dos barcos da época, descubrir que
tipo e cargamento traían, así como comparar as construcións dos buques. Isto é
posible grazas ás maquetas da exposición, que facilmente nos permiten ver a ventaxe da armada anglo-holandesa.
A visita foi máis
breve do previsto porque había que voltar ás piraguas e remar de novo nun mar de súpeto embravecido,
o que fixo que o regreso supuxera un gran esforzo para os alumnos que, viñeron a demostrar que
ademais de bos en inglés tamén están en estupenda forma física.