ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS EXAMES LIBRES DAS
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
As Escolas Oficiais de Idiomas veñen
de abrir o prazo para a matrícula libre para as probas de certificación
2013-14, nos idiomas que se recollen na Circular que regula estas probas no curso 2013-14.Os requisitos xerais para matricularse por libre son:
- Ter cumpridos 14 anos antes do
31 de decembro do 2014, para calquera idioma diferentes ao que estea a
cursar como 1ª lingua estranxeira na ESO
Nesta modalidade o alumnado só ten dereito a facer o exame, non hai clases nin titorías.
- As probas libres coinciden coas
de certificación do alumnado oficial e fanse ao rematar cada nivel
(Básico, Intermedio e Avanzado)
- O alumnado na modalidade libre
só se poderá presentar ás probas en xuño, polo tanto debe comprobar se se
pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. En
todo caso, as taxas de matrícula non se devolven. As datas das
probas son inamovibles.
- Consulta aquí as datas dos
exames
Podedes consultar toda a información na web de calquera das Escolas Oficiais de Idiomas. Aquí vos deixo a de Vigo
Lembrade que en Cangas, no IES de Rodeira temos unha extensión da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, onde podedes facer a matrícula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario