lunes, 16 de abril de 2018

FESTIVAL SAFTAS



FESTIVAL SAFTAS  EN LA FLÈCHE, Francia  IES AS BARXAS
12 alumnos e 2 profesoras (Palmira Calvar e María González)  do proxecto SAFTAS (Students academy of film and theatre awards) ERASMUS+ do IES AS BARXAS en Moaña, participarán durante unha semana no festival final do proxecto na cidade de La Flèche en Francia.
 A instituto francés Constant d’Estournelles preséntanos un programa tremendamente atractivo na que contaremos cun presidente de honra de gran nivel, o coñecido Costa Gavras a quen as nosas alumnas entrevistaron o ano pasado durante o festival de cine de Angers.  Nesta ocasión virá acompañado da súa muller, a tamén recoñecida directora e productora Michèle Ray Gavras. Con eles os nosos alumnos verán unha das súas películas Music Box e poderán comentala con eles. Non serán os únicos directores presentes no festival. Tamén contaremos cos directores Isabelle Ingold e Mehdi Charef con quen veremos dúas das súas películas e teremos a posibilidade de falar das mesmas cos creadores. Pero esa non é a principal actividade do festival. Trátase do festival final dun proxecto  sobre cine e  teatro  de 3 anos de duración  entre 6 institutos europeos nos que presentaremos as nosas propias curtametraxes e as nosas obras de teatro  a concurso.
CINE
O tema proposto era o da brecha xeneracional. No noso caso a alumna Isabel Cascante escribiu un guión sobre un avó que vive nunha residencia de 3ª idade e ante primeiros síntomas de pérdida de memoria ve contrariado como lle restrinxen temporalmente as saídas. Como aínda non é consciente do seu problema rebélase contra a norma demostrando unha gran lucidez por momentos. A familia, que obviamente entende e comparte a decisión do persoal da residencia, acaba por entendelo tamén a el.
A curta, rodada en inglés conta con David Middleton, un coñecido inglés asentado no Morrazo dende hai anos, no papel do avó. David mostrouse encantado dende o principio de formar parte do proxecto. Tamén participan os profesores Benigno Nerga e Eugenia Fernández como filla e xenro e  os alumnos Francis Drake e Marta Hernández como netos entre os actores principales. Na realización da curta,  que titulamos “ Connections” participaron máis de vinte alumnos e outros profesores e estivo coordinada polo profesor Seso Durán.
Contamos coa amabilidade do persoal de AFAMO que nos permitiu rodar algunhas esceas nas súas instalacións.
TEATRO
Con respecto á obra de teatro o escenario proposto era o bunker refuxio dunha escola nunha zona en guerra. A partir desa premisa os nosos alumnos    Inés Amoedo Ortega,   Estela Sobral, Adara  Rodríguez, Noelia Alonso de 3 Eso e Francis  Drake de 4 ESO elaboran un texto no que un grupo de alumnos dun instituto se refuxian nun bunker no parece ser un  simulacro.  Mentres esperan a que o simulacro remate comparten os seus medos, desexos e déixannos ver o mellor e peor de cada un deles. Mentres tanto o presidente do país e un alto mando discuten a seguinte operación de guerra que terá que ser levada a cabo por dous soldados que se cuestionan as ordes  que reciben dos seus superiores.

8 alumnos, Miguel Fernández, David Pereiro e Pablo Cordeiro ademais dos xa mencionados como autores do texto, serán os encargados de por en escea a obra “The choice”  na que levamos meses traballando, asesorados pola experiencia da dramaturga Vanesa Sotelo.

 Os outros catro alumnos terán que formar parte do xurado e exercer de maestros de ceremonia na sesión de clausura, que se celebrará o xoves 19, e  para a que traballarán con profesionais durante varios días.

Os alumnos vivirán aloxados por familias francesas e compartirán experiencias con alumnos de Italia, Grecia, Turkía, Polonia, e Francia, os seis países implicados no proxecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario